O alcalde suma a súa voz ás demandas do Sindicato de Traballadores da Administración da Xustiza
O alcalde trasladou aos representantes do Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza o apoio do Gobierno Municipal ás súas reclamacións: maior dotación de persoal funcionario nos xulgados de Vigo e a implantación das gardas de 24 horas.
Abel Caballero anallizou a situación de colapso na execución de resolucións xudiciais en Vigo, así como os atrasos nos procedementos, como consecuencia dos recortes de persoal aplicados pola administración galega.
O alcalde expresou de novo o seu respaldo á implantación das gardas de 24 horas ao lembrar que Vigo cumpre con todos os requisitos establecidos pola Xustiza e que a comunidade xurídica da cidade reiterou de forma unánime esta reclamación.