O Concello programa a proxección de catro películas na XI edición do "Ciclo Cine y Ópera"
O Auditorio Municipal será o escenario da proxección das películas programadas polo Concello de Vigo e a Asociación de Amigos da Ópera na décimo primeira edición do “Ciclo de Cinema e Ópera”.
O alcalde, a primeira tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura, presentaron hoxe co director, o tesoureiro e a secretaria da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, as catro películas do ciclo que reflicte a presenza e influencia da ópera no cinema que se desenvolverá durante todos os martes do mes de abril.
Abel Caballero felicitou aos organizadores polo “gran nivel” do ciclo e pola elevada afluencia de público. Daniel Diz, director da Asociación Amigos dá Ópera agradeceu ao Concello o apoio a todas as actividades organizadas, á vez que remarcou a influencia da ópera no cinema.
A entrada e libre ata agotar o aforo.
Programa
. Martes 24 de abril. “A música en silencio”. 19.00 horas Auditorio Municipal.
- Martes 14 de abril. “Ao grande”. 19.00 horas Auditorio Municipal.
- Martes 21 d abril. “A muller de Tchaikovsky”. 19.00 horas Auditorio Municipal.
- Martes 28 de abril. “O mestre de música”. 19.00 horas Auditorio Municipal.