O Goberno local iniciará a humanización da rúa Soutomaior no verán
O alcalde deu conta da licitación das obras aprobadas na Xunta de Goberno cun importe de 340.000 euros. Tamén anunciou a renovación das redes de saneamento e abastecemento en zonas de Coia, Lavadores e Oia cun importe de 2.220.000 euros.
Abel Caballero explicou que está previsto corrixir os fluxos circulatorios, renovar servizos, mobiliario urbano, xardinería, alumeado e pavimentación. O obxectivo, avanzou, é mellorar a accesibilidade coa eliminación de barreiras arquitectónicas, delimitar as zonas de aparcamento, dar continuidade ás beirarrúas fronte ao parque infantil para mellorar a seguridade así como renovar as redes de saneamento e abastecemento. O prazo de execución é de 6 meses.
Máis obras en Coia, Lavadores e Oia
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á aprobación do proxecto para renovar as redes de abastecemento e saneamento en distintas zonas de Coia, Lavadores e Oia cun importe de 2.220.000 euros.
Así, o alcalde informou que no barrio de Coia se actuará nas rúas Porriño, Pontecesures, A Guarda e Cuntis cun prazo de execución de 11 meses. En Oia será a renovación destas redes de servizos levarase a cabo na Subida a Radio Faro. En Lavadores haberá novo saneamento e abastecemento na rúa Ceboleira e a súa contorna.
“Obras importantísimas”, concluíu o rexedor.