A reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Carballal ascende a 1.284.000 euros
A partir do verán comezarán os traballos de substitución dos vestiarios e edificacións auxiliares do campo de fútbol de Carballal. O importe dos traballos é de 1.284.000 euros e o prazo de execución, de 4 meses.
A Xunta de Goberno deu luz verde hoxe ao proxecto de renovación dos vestiarios e instalacións do campo de fútbol de Carballal, en Cabral. Caballero explicou que o investimento é de 1.284.000 euros e o prazo de execución de 4 meses.
Estes traballos comezarán a finais de verán, dentro dun proxecto municipal que prevé a renovación dos vestiarios de todos os campos de fútbol municipais e que inclúe a substitución das actuais instalacións e edificacións auxiliares por novas dotacións de tipo modular. Estas estruturas permitirán, explicou, estandarizar os vestiarios, aseos, oficinas e cantinas dos campos de fútbol da cidade.
Con esta reforma mellorarán as condicións de uso para os clubs e deportistas dos vestiarios de xogadores e árbitros, zona de club, oficina, cantina, lavandería, almacén, marquesina e gradas.