Arranca a festa da Reconquista coa representación da destitución da Corporación polos franceses
O sábado 21 comezan as representacións e, polo tanto, a festa da Reconquista, que se estenderá ata o domingo 29. Na Xunta de Goberno aprobouse unha subvención de 150.000 euros que cubre case a totalidade do custo da festa.
A representación da “Destitución da corporación pola afrancesada” marca o inicio da festa da Reconquista, que terá lugar o sábado 21 ás 20:00h na Praza do Berbés e que mergullará á cidade no século XIX ata o próximo domingo 29. Esta romaría conta coa apoio do Concello, que aprobou hoxe unha subvención de 150.000 euros.
Ademais, a achega municipal inclúe a instalación dunha pantalla e ornamentación cun importe 35.000 euros, xunto coa gratuidade dos servizos da ocupación do chan, a limpeza e a seguridade, con Protección Civil, Policía Local e Bombeiros. O alcalde sinalou que a Reconquista é “a máis importante romaría destas características de toda Galicia”.
Ao longo desta semana os vigueses e as viguesas poderán gozar dun programa cheo de recreacións, música e actividades para todos os públicos.