Escoitar

Caballero convocará un concerto reivindicativo para apoiar as demandas dos médicos de Atención Primaria

O rexedor achegouse esta mañá á concentración dos médicos en folga, que como explicou levan catro semanas reclamando melloras para a sanidade pública en Vigo e en toda Galicia.

luns, 23 mar 2026

O alcalde avanzou a súa vontade de convocar nos próximos días un concerto reivindicativo na Porta do Sol, invitando a toda a cidade para apoiar as demandas que os médicos de atención primaria están formulando, relatou Abel Caballero, sinalando que tratan de “defender a calidade da sanidade de Vigo”. O rexedor achegouse esta mañá á concentración dos médicos en folga, que como explicou “levan catro semanas e eu quero apoialos porque estes profesionais están demandando a mellora da sanidade pública en Vigo e en toda Galicia”.

O alcalde dei conta dalgunha das demandas dos facultativos que, entre outras cuestións, reclaman non atender a máis de 30 pacientes ao día para que lle poidan dedicar entre 10 e 15 minutos a cada paciente. Tamén reclaman novas prazas aos efectos de cubrir todas as vacantes que hai neste momento sen asignar, así como, melloras nas condicións de traballo. “Eu quero desde aquí agradecerlles a súa mobilización”, sentenciou.

Descargar todas as imaxes