luns, 23 marzo 2026

Vigo celebra 6 anos de ramplas mecánicas na Gran Vía

O alcalde achegouse ata o cruce de Gran Vía coa rúa Venezuela para celebrar o éxito das ramplas mecánicas con máis de 2,5 millóns de usos ao ano. “Somos a cidade con máis medios mecánicos de mobilidade”, afirmou. O Goberno local completará o percorrido en toda a Gran Vía co itinerario entre Praza de América e Praza de España.

O rexedor chama "a sentirse orgullososo dos antepasados de Vigo" na celebración da Reconquistiña

luns, 23 mar 2026

A Porta do Sol de volveu encherse este luns coa enerxía da Reconquista, coa presenza de 2.200 escolares de máis de 50 centros educativos de Vigo que participaron na Reconquistiña. O alcalde animou á mocidade a sentirse “orgullosa” dos antepasados que en 1809 se enfrontaron ás tropas napoleónicas para liberar a cidade. Lembrou que a nova causa é conseguir que Vigo sexa sede do Mundial en 2030 “porque temos dereito, porque o gañamos”.

Nace a Cátedra “Consorcio Zona Franca de Vigo” en Computación de Óptica Cuántica

luns, 23 mar 2026

O alcalde resaltou a relevancia do convenio, que dota de fondos, garante e mellora o traballo realizado ate agora do equipo de investigación do Vigo Quantum Comunication Center. As actividades da Càtedra centraranse no traballo para consolidar o Laboratorio Experimental de Computación Cuántica; a creación e consolidación de oportunidades laborais para investigadores, o avance na investigación e no logro dunha máquina de Ising óptica que sería un gran paso en eficiencia e velocidade de cálculo.