O Concello reforza o servizo de bus urbano durante a Reconquista
Para garantir unha mellor mobilidade durante as mañás e as tardes do venres, sábado e domingo reforzarase o servizo nas liñas C1 e L5 e a liña especial “Reconquista”. O servizo nocturno da liña C1 reforzarase as noites do venres e do sábado coa incorporación dun autobús adicional. As liñas N1 e N4 manterán o seu servizo habitual durante toda a fin de semana.
O alcalde avanzou que con motivo da celebración da Festa da Reconquista, o Concello reforzará o seu servizo de autobuses dende o venres 27 ata o domingo 29 de marzo, para facilitar os desprazamentos pola cidade durante unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo de Vigo.
Servizo diúrno
Para garantir unha mellor mobilidade durante as xornadas de maior afluencia, O Concello reforzará o servizo durante a fin de semana da Reconquista, especialmente o sábado, coincidindo co día festivo e coa maior afluencia de público no centro da cidade.
Para garantir unha mellor mobilidade durante as mañás e as tardes do venres, sábado e domingo reforzarase o servizo nas liñas C1 e L5 e a liña especial “Reconquista”, incrementando o número de autobuses en circulación durante os momentos de maior afluencia.
Durante o sábado reforzarase especialmente a liña C1 con autobuses articulados, que circularán con maior capacidade para mellorar a comodidade dos usuarios, e incrementarase tamén o servizo da liña 5. Sobre todo Vitrasa habilitará a liña Especial Reconquista que xa funcionou o ano pasado co obxectivo de garantir os desprazamentos durante toda a xornada.
Percorrido liña especial “Reconquista”
Sábado 28 de marzo:
Percorrido:
Ida: Porriño, Baiona, Redondela, Avda. De Castelao, Avda. Das Camelias, Venezuela, Gran Vía , Colón, Urzáiz e T. de Vigo, 193.
Volta: T. Vigo 193, Urzáiz, Policarpo Sanz, Praza Compostela, Cánovas del Castillo, Ricardo Gaiteiro Portela, Torrecedeira, Coruña, Praza América, Avda. De Castelao e Porriño.
Saídas de Porriño: 16:18 – 16:53 – 17:27 – 18:00 – 18:35 – 19:08 – 19:42 – 20:14 - 20:48 – 21:19.
Saídas da Travesía de Vigo, 193: 17:00 - 17:35 – 18:09 - 18:42 - 19:17 - 19:50 - 20:24 - 20:56 - 21:30 - 22:01.
Servizo nocturno
O servizo nocturno da liña C1 reforzarase as noites do venres e do sábado coa incorporación dun autobús adicional, co obxectivo de facilitar os desprazamentos durante as celebracións nocturnas da Reconquista. As liñas N1 e N4 manterán o seu servizo habitual durante toda a fin de semana.