Escoitar

O Concello incorpora 30 novos bombeiros ao servizo de extinción de incendios

O goberno local segue implicado na mellora da seguridade de Vigo e vén de aprobar o nomeamento de 30 novos bombeiros que xa están en período de prácticas. Concretamente, incorporáronse 23 axentes e 7 condutores.

venres, 17 abr 2026

A Xunta de Goberno local aprobou o nomeamento como funcionarios en prácticas de 23 bombeiros e 7 condutores de bombeiro. Nestes momentos, o Concello conta con 30 efectivos que realizarán un curso formativo de 253 horas para, posteriormente, formalizar a toma de posesión definitiva da súa praza.

Segundo indicou o rexedor, nas ofertas de emprego en execución hai previstas 8 novas prazas polo que xa está en marcha a cobertura de todo o cadro de persoal do servizo de bombeiros. Caballero rematou destacando que o goberno local “segue a traballar na seguridade da cidade”.

Descargar todas as imaxes