Escoitar

A cidade, sede da XXXIX Reunión nacional do Grupo de Uroloxía Oncolóxica

O alcalde participou este xoves na inauguración do congreso, que reúne no Auditorio Mar de Vigo a máis de 600 profesionais de toda España, representantes dos principais centros asistenciais e de investigación para reflexionar sobre avances na uroloxía oncolóxica e para fortalecer a colaboración institucional en materia de saúde.

xoves, 16 abr 2026

Abel Caballero deu á benvida á cidade aos asistentes á reunión que organiza a Asociación Española de Uroloxía para abordar o cancro desta especialidade, co foco posto na próstata, a vexiga e o ril. Amosouse encantado pola súa presenza en Vigo e puxo en valor o seu traballo trasladándolles a súa “admiración e respecto pola vosa capacidade a acción, atendendo ás persoas enfermas, compartindo coñecementos para dar a mellor atención posible aos vosos pacientes. En vós depositamos a nosa confianza”, declarou o rexedor.

No acto de inauguración participaron Carmen González Enguita, presidenta da Asociación Española de Uroloxía; Daniel Pérez Fentes, coordinador do Grupo de Uroloxía Oncolóxica da Asociación Española de Uroloxía e Enrique Cespón, presidente da 39ª Reunión Antonio, así como Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade e Francisco Javier Puente, xerente da Área Sanitaria de Vigo.

Descargar todas as imaxes