Escoitar

Volven os paseos en barco pola ría con máis prazas e unha nova ruta sobre as súas lendas

Estas viaxes forman parte do programa “Vigo, cidade amiga dos maiores”. O alcalde anunciou que serán 2.675 prazas, 75 máis que o ano anterior, e que a apertura de inscricións comezará o luns 20 de abril a través do 010.

xoves, 16 abr 2026

É a cuarta edición do programa de paseos en barco pola ría, unha iniciativa que cualificou de "éxito extraordinario". Segundo explicou o alcalde, inclúe dúas rutas gratuítas, cunha duración aproximada de hora e media. Como novidade, incorpórase a travesía "Lendas da ría de Vigo", que percorrerá o interior da ría ata Ponte de Rande, combinando navegación con relatos históricos e tradicionais. Ademais, manterase a ruta "Descubrindo a ría de Vigo", que abrangue o itinerario entre Vigo, Cangas e as Illas Cíes, permitindo observar o fondo mariño mediante un dron submarino durante o traxecto.

Caballero destacou que o obxectivo é achegar a ría á cidadanía, especialmente no marco do programa "Vigo Cidade Amiga das Persoas Maiores", facilitando que “todo o mundo poida gozar do mar e coñecer a súa riqueza”.

Descargar todas as imaxes