Escoitar

O goberno local inviste case 700.000 euros na mellora das dependencias da Policía Local

O alcalde deu conta esta mañá da licitación da segunda fase das obras de reforma das instalacións municipais da Policía Local. A partida total adicada á mellora destas dependencias é de 681.000 euros.

mércores, 27 mai 2026

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras para a segunda fase da reforma das dependencias da Policía Local. Cun importe de 541.400 euros e prazo de execución de 5 meses, está previsto cambiar as instalacións de climatización, ventilación e as conducións.

Estes traballos súmanse aos que hai en marcha para a mellora da cuberta transitable e o acondicionamento do interior das oficinas coa instalación de novas luminarias, pintado, substitución do pavimento e reposición do falso teito. En total, o importe da reforma das dependencias da Policía Local elévase a 681.000 euros, tendo en conta que a primeira fase supuxo un investimento de 130.000 euros. O obxectivo é dotar de instalacións “dignas” á Policía Local de acordo ao “extraordinario” traballo que desenvolve na cidade.

Axudas de emerxencia

Na última comisión de valoración de axudas de emerxencia, outorgáronse 82 axudas por un valor de 21.000 euros. Tal e como explicou o alcalde, 38 destas achegas foron para subministros, 34 para vivenda, 9 para alimentación e 1 para atención sanitaria. No que vai de ano, aprobáronse 1.361 axudas por importe de 393.696 euros.

 

Descargar todas as imaxes