xoves, 28 maio 2026

500 escolares vigueses gozan da música da orquestra "Son das Flores"

xoves, 28 mai 2026

O alcalde saudou este xoves ao alumnado de Educación Primaria que asistiu no Auditorio Municipal ao espectáculo "Unha viaxe musical dende Vigo polo mundo’, un concerto didáctico-musical interpretado pola Orquestra “Son das Flores”, que permite ás nenas e nenos achegarse de forma lúdica e divertida á riqueza e tradicións musicais de diferentes culturas e países do mundo. A Orquestra “Son das Flores”, nacida no Ceip Vicente Risco grazas á implicación activa do seu profesorado e alumnado, promove a música como ferramenta de transformación social e  desenvolvemento persoal. Está integrada por 70 nenos/as e adolescentes, de 18 nacionalidades.