martes, 26 maio 2026

O alcalde felicita ao Seis do Nadal polo ascenso á División de Honor Prata

martes, 26 mai 2026

O conxunto olívico foi recibido este martes polo rexedor, quen lles trasladou a felicitación no nome da cidade polo ascenso á terceira categoría nacional do balonmán feminino. Caballero desexou ás xogadoras e ao cadro técnico e directivo a mellor das sortes nesta nova etapa que comezan nunha competición esixente na que demostrarán o seu bo facer na cancha.

O Salón Atlántico do Caravaning amosará todas as novidades do sector

martes, 26 mai 2026

Na presentación do evento, a organización destacou que concentrará a maior exposición comercial de autocaravanas, caravanas, campers, accesorios e turismo de cámping. "Profesionais do sector atenderán no IFEVI do 28 ao 31 de maio ás persoas interesadas neste modelo de turístico en crecemento, vinculado á natureza, á mobilidade e á actividade ao aire libre", apuntou a concelleira de Turismo, María Lago.