As salas de ensaio de Vigosónico ocupadas ao 100% desde o mes de xaneiro
Vigosónico, un proxecto “extraordinario”, está a funcionar con gran “éxito” e unha ocupación do 100% no que vai de ano. O goberno local vén de adxudicar a xestión desta instalación de usos múltiples por importe de case 305.000 euros por dous exercicios.
A Xunta de Goberno do pasado venres adxudicou a xestión de Vigosónico por un importe de 304.715 euros e un período de dous anos. Trátase, dixo Caballero, “dun produto de éxito” cunha ocupación do 100% das salas desde o pasado mes de xaneiro. Este centro de usos múltiples conta con 1.250 usuarios únicos e 10.041 asistencias, segundo detallou.
O balance de 2025 recolle unha taxa de participación feminina do 27% cuadriplicando a presenza en 3 anos, un 7% máis que en 2023. Tal e como explicou o alcalde, rexistráronse 251 participantes nas clases de guitarra, baixo, batería e canto do programa Academia; 74 bandas con 270 músicos usaron as salas de ensaio; 174 asistentes á actividade de Kpop; 120 participantes no programa de xogos de mesa interxeneracionais “Xoga”; 150 usuarios da sala polivalente e 45 participantes no laboratorio de creación musical.
Emprego
O Goberno local tambén aprobou o pasado venres a convocatoria e as bases reguladoras para o fomento do emprego das entidades sen ánimo de lucro para 2026. Cun orzamento de 1.390.000 euros, o obxectivo é fomentar novas contratacións, ademais da transformación de contratos temporais en indefinidos. Esta iniciativa ten suposto tamén un avance na estabilidade laboral ao contratar ou transformar en fixos discontinuos algúns contratos en convocatorias dos tres últimos anos.
Caballero detallou o desglose do programa comenzando por 245.000 euros para entidades veciñais e culturais; 575.000 para entidades sociais e asistenciais; 35.000 euros para organizacións sindicais; 200.000 euros para entidades empresariais; 145.000 para comunidades de montes e, por último, 190.000 para entidades deportivas.