A nova edición de Vikul celebrarase o 9 e o 10 de xullo
O alcalde confirmou que o Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo – Vikul terá como escenario a pista de patinaxe de Samil.
O 9 e o 10 de xullo celebrarase unha nova edición do Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo - Vikul 2026”, explicou Caballero, que sinalou que se trata dunha “gran mobilización de baile”. O evento contará con shows de danza e masterclass con referentes do baile.
O festival, incluído na programación de Vigo en Festas, terá lugar na pista de patinaxe de Samil, con horario de 19 a 21 horas, ambos os dous días. Trátase dun evento que conxuga exhibición, competición e aprendizaxe, elementos que destaca o rexedor: "En Vigo temos a mellor danza urbana de toda Galicia”.