Escoitar

O Concello abre o 8 de xuño a reserva de praza nas escolas municipais de música e artes escénicas

O alumnado das escolas municipais de música, música folk e tradicional, danza e teatro, poderán reservar praza ata o martes 19 de xuño. Desde o venres 22 de xuño, ata o 9 de setembro, permanecerá aberto o período para as solicitudes dos novo alumnado. As clases comezará o xoves 1 de outubro.

mércores, 27 mai 2026

O alcalde avanzou este mércores o calendario de reservas de prazas e nova matriculación das catro escolas municipais de música e artes escénicas para o curso 2026-2027. A matrícula para o alumnado que continuará o seus estudos poderá realizarse entre o 22 de xuño e o 3 de xullo. Os escolares de novo ingreso terán de prazo do 24 ao 30 de setembro.

Abel Caballero lembrou hoxe que o Concello destina 1.035.848 euros ás catro escolas: 485.733 á de música; 281.750 á de música tradicional e folk; 102.626 á de teatro, e 165.739 euros á de danza.

No curso 2025-2026 un total de 1.219 alumnas e alumnos, de 4 a 16 anos, recibiron formación nas escolas municipais. Destes, 491 na Etrad, 479 na escola de música; 157 na de teatro e 92 na de danza. O Concello bonifica entre o 80 e o 90 por cento das matrículas.


Concertos "Son das Flores"

O alumnado do CEIP Vicente Risco que forma parte da orquestra “Son das flores” protagonizará mañá dous concertos no Auditorio Municipal. Baixo o título “Unha viaxe musical dende Vigo polo mundo”, os intérpretes achegarán ao auditorio á música de diferentes culturas e países.

A primeira sesión da orquestra, composta por 70 mozas e mozos de 8 a 12 anos, terá lugar ás 10 da mañá e a segunda ás 12.00 horas.

 

 

Descargar todas as imaxes