Vigo, escenario da celebración do Día das Forzas Armadas 2026
A cidade foi seleccionada para acoller o vindeiro 30 de maio o desfile militar e os actos de conmemoración da efeméride, que cada ano presiden os Reis de España.
O alcalde informou este martes da conversa telefónica mantida coa ministra de Defensa, Margarita Robles, na que lle trasladou a elección da cidade como sede da celebración da efeméride o vindeiro ano. O Xefe de Estado Maior da Defensa, Teodoro López Calderón, vén de confirmar oficialmente por carta ao Concello a celebración en Vigo dos actos o sábado, 30 de maio de 2026.
Tal e como apuntou Abel Caballero, as súas Maxestades os Reis de España presiden cada ano o Día das Forzas Armadas que inclúe un desfile militar e outras actividades nos días previos: exposicións, de material, encontro de música militar, exhibicións de persoal e material.
“Vigo ten unha enorme tradición de apoio e querenza polas forzas armadas”, sinala o rexedor e, polo tanto, é un momento de “volver dar o noso apoio” e celebrar a elección da cidade como sede.