luns, 20 outubro 2025

A Policía Local incorpora 6 novos axentes

luns, 20 out 2025

O alcalde presidiu este luns no Concello o acto de toma de posesión como funcionarios municipais dos 6 novos axentes, dos que 2 son mulleres a quen lles trasladou os parabéns pola nova etapa que inician. Veñen de finalizar o seu período de prácticas, logo de cumprir coa formación na academia tras superar os exames do proceso selectivo. Abel Caballero lembrou que o Concello conta con 332 axentes de Policía Local.

O alcalde imparte unha conferencia sobre o modelo Vigo na localidade portuguesa de Penafiel

luns, 20 out 2025

Abel Caballero imparte hoxe unha charla sobre o papel dos municipios no desenvolvemento rexional, con Vigo como exemplo. As xornadas enmárcanse na xuntanza do Partido Socialista na vila portuguesa de Penafiel, na que estarán presentes o presidente, Carlos César, e o secretario xeral, José Luis Carneiro. “Queren coñecer a experiencia e o proceso de cambio na cidade de Vigo, relacionado co impulso da nosa cidade no conxunto da nación. Vigo é o mellor exemplo en toda Europa da contribución dunha cidade levando o seu proceso adiante. É unha honra a invitación”, manifestou.