Vigo, escenario da celebración do Día das Forzas Armadas 2026
A cidade foi seleccionada para acoller o vindeiro 30 de maio o desfile militar e os actos de conmemoración da efeméride, que cada ano presiden os Reis de España.
A cidade foi seleccionada para acoller o vindeiro 30 de maio o desfile militar e os actos de conmemoración da efeméride, que cada ano presiden os Reis de España.
O goberno local espera informe de Medio Ambiente sobre a solución proposta para salvagardar a oliveira do Paseo de Alfonso e sobre unha colonia de paxaros, neste caso a instancias da propia Xunta. Ao tempo, o Concello avanza no proxecto construtivo, unha vez recibida a luz verde de Patrimonio.
O alcalde anunciou que esta tarde comezará a funcionar o reloxo da conta atrás para o inicio do Nadal, cunha pantalla situada diante do MARCO. Este ano, dixo, hai maior expectación que nunca debido ás campañas publicitarias nacionais que usan as luces de Nadal como reclamo porque “Vigo ten un importante tirón neste momento”.
Vigo renova a súa solidariedade con Palestina coas segundas xornadas sobre Gaza, organizadas polo Concello e a “Asociación Hoxe por Ti”, que terán lugar do 28 de outubro ao 1 de novembro en AFundación, o Auditorio Mar de Vigo e a rúa do Príncipe. Cinema, fotografía, música e coloquios coa partipación de expertos, centran o programa “Gaza. Entre o horror e a esperanza”. A Porta do Sol acollerá o día 1 de novembro un concerto solidario.
O alcalde reprochou este martes á Xunta a súa reiterada negativa a crear unha facultade de Medicina en Vigo mentres comunidades como a catalá anuncia o aumento da oferta en 700 prazas para pasar de 1.300 a 2.000 estudantes nas oito facultades da comunidade autónoma.
O alcalde participou nunha charla na localidade portuguesa de Penafiel para expoñer o modelo de Vigo como cidade de éxito. Estivo acompañado polo secretario xeral do Partido Socialista de Portugal, José Luís Carneiro, e co conxunto do grupo parlamentario socialista portugués.
A Unión Internacional de Ferrocarrís vén de entregarlle o galardón “Estacións Ferroviarias” a ADIF polo “proxecto emblemático” da estación de Vigo.
Abel Caballero eloxiou esta mañá o traballo de Empresarias Galicia durante o IX Congreso Acción e Implicación. Durante a súa intervención, trasladou o orgullo da cidade por contar con eventos que promoven a visibilización do talento feminino e reiterou que Vigo é un exemplo de emprendemento para o resto do mundo. Entre as ponentes do congreso figuran a atleta paralímica Desirée Vila; a produtora de Vacafilms, Enma Lustres, ou directivas de firmas como Fujitsu, CLUN ou IKEA.
Abel Caballero explicou hoxe aos 34 alumnos de 4ª e 5ª de Educación Primaria do CEIP Ramón y Cajal que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello" a transcendencia do traballo que desenvolve a administración municipal para favorecer o benestar de toda a cidadanía e proporcionarlle servizos esenciais. Os escolares visitaron as dependencias municipais para mellorar o seu coñecemento sobre o funcionamento do Concello.