O Concello avanza no proxecto construtivo do túnel de Elduayen á espera de informes autonómicos
O goberno local espera informe de Medio Ambiente sobre a solución proposta para salvagardar a oliveira do Paseo de Alfonso e sobre unha colonia de paxaros, neste caso a instancias da propia Xunta. Ao tempo, o Concello avanza no proxecto construtivo, unha vez recibida a luz verde de Patrimonio.
Abel Caballero reiterou que o proxecto do túnel de Elduayen segue pendente de dous informes da Consellería de Medio Ambiente. Concretamente, o Concello está á espera desde o pasado 16 de xuño de que a Xunta se pronuncie sobre a alternativa que o proxecto básico ofrece para protexer a oliveira do Paseo de Alfonso e a unha colonia de paxaros que habitan na zona afectada.
Caballero destacou que se está a avanzar no proxecto construtivo, dado que o básico xa recibiu informe favorable de Patrimonio.