mércores, 22 out 2025
O alumnado de 1º a 3º de Educación Primaria do Colexio Canicouva inaugurou este mércores, coa a visita á Pinacoteca Francisco Fernández del Riego para coñecer a colección do pintor Colmeiro, o programa didáctico organizado polo Concello para que os estudantes de primaria e secundaria coñezan os museos de Vigo. O alcalde explicou a docentes e escolares que o obxectivo da iniciativa municipal é facilitar o coñecemento e o goce das obras expostas nos museos da cidade.
mércores, 22 out 2025
O alcalde avanzou hoxe a participación do dúo Fillas de Casandra, o sábado 1 de novembro na Porta do Sol, como peche do evento musical solidario con Gaza que contará con poetas e bandas de Vigo. As xornadas están organizadas pola ONG Hoxe por ti.
mércores, 22 out 2025
O alcalde mantivo unha xuntanza este mércores co novo presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e coa nova tesoureira, María López-Sández, a quen lles trasladou toda a cooperación municipal nesta nova etapa que inician á fronte da institución. A nova directiva da RAG amosou o seu interese por continuar a colaboración entre ámbalas entidades e puxo en valor a cidade polo seu peso poboacional e a súa importancia histórica e cultural.