Vialia Vigo recibe un novo premio
A Unión Internacional de Ferrocarrís vén de entregarlle o galardón “Estacións Ferroviarias” a ADIF polo “proxecto emblemático” da estación de Vigo.
O alcalde valorou que “Vialia sigue estando na gran moda de Europa”, tras recibir un novo recoñecemento.
A Unión Internacional de Ferrocarrís vén de concederlle a ADIF o premio de “Estacións ferroviarias” na categoría de asuntos comerciais e de venda minorista pola estación de Vialia en Vigo.
O alcalde destacou os argumentos do xurado valorando o “proxecto emblemático, único, un desenvolvemento excepcional” que, ademais de albergar o transporte, suma “unha gran praza que cambia o centro de gravidade de Vigo e que se converte nun novo epicentro da vida urbana da cidade”.
Os galardóns, que se entregaron a semana pasada en París, buscan recoñecer e promover iniciativas e proxectos dos xestores de estacións ferroviarias.