Escoitar

O Auditorio Mar de Vigo acolle os días 8 e 9 de novembro a edición de outono do "Vigo Dance Festival"

O auditorio Mar de Vigo acollerá o sábado 8 e o domingo 9 de novembro a edición de outono do “Vigo Dance Festival 2025”. O alcalde chamou hoxe a gozar dunha iniciativa de carácter aberto que conta co apoio do Concello, xa que tanto a participación na festa da danza local e como a asistencia ás distintas sesións son de acceso gratuíto.

luns, 20 out 2025

Abel Caballero e as responsables do “Vigo Dance Festival 2025”, Marta Díaz, Cristina Rodríguez e María Lago, presentaron este luns a segunda cita deste ano coa danza local, aberta á participación de todas as escolas de baile, bailaríns amateurs e asociacións da cidade.

Caballero destacou a segunda cita deste ano “con miles de bailarinas e bailaríns dunha calidade excepcional e unha forma moi notable de facer danza”.

María Lago sinalou que as tres convocatorias da danza, deseñadas para potenciar a danza, explicou que o festival se ha convertido nun escaparate do talento local e unha celebración da diversidade de estilos e escolas que enriquecen a expresión artística de Vigo. Agradeceu ao Concello unha iniciativa “accesible” para todo o mundo.

As organizadoras animan as escolas, grupos amateurs, e asociacións da cidade para inscribirse, de modo gratuíto, antes do día 31 de outubro a través do correo www.coreomagazine.com/vigo-dance-festival. Todos os participantes recibirán un premio.

Descargar todas as imaxes