Escoitar

O Concello amplía horario dos cemiterios e prepara as visitas teatralizadas en Pereiró

Con motivo da festividade de Tódolos Santos os cemiterios terán horario ininterrompido e está en marcha o programa de visitas da man de personaxes que forman parte da historia da cidade en Pereiró.

venres, 17 out 2025

O alcalde explicou este venres que os camposantos municipais amplían o seu horario os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro con motivo da celebración de Todos os Santos e do día de Defuntos. Así, permanecerán abertos de forma ininterrompida desde as 9 da mañá e ata as 18:30 horas da tarde para facilitar as visitas das familias. Este horario aplicarase nos oito cemiterios municipais: Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Pereiró, Teis e Zamáns.

O Goberno municipal retoma no mes de novembro o programa de visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró coa licitación do contrato para realizar 63 visitas de forma gratuíta. Abel Caballero explicou que as persoas que se sumen ao programa coñecerán “o cemiterio, as familias e a época na que viviron” os catro personaxes históricos que guían a visita: Concepción Arenal, a marquesa de Valladares, Irene de Ceballos e Bernardo González do Valle “Cachamuíña”.

Descargar todas as imaxes