luns, 13 out 2025
O alcalde deu conta esta mañá do inicio dunha nova edición do concurso “Vigo en 90 segundos”. As persoas interesadas deben enviar ata o 20 de novembro as súas creacións, baseadas “nun Vigo dinámico que nunca para”, cunha duración máxima de 90 segundos.
luns, 13 out 2025
Abel Caballero anunciou este luns o envío da segunda carta deste ano ao conselleiro Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, José González Vázquez, reiterando a proposta exposta hai cinco meses para “iniciar sen máis demora” a ampliación do Instituto Feiral de Vigo e afrontar a demanda de espazo de citas como a de Conxemar. “Empezo a sospeitar que Rueda quere que a feira se vaia de Vigo”, indicou o alcalde ao recordar que segue pendente a valoración dos activos das administracións que permitirá a Zona Franca asumir o financiamento das obras.
luns, 13 out 2025
Abel Caballero e Carmela Silva asistiron este luns á entrega de diplomas ao alumnado do programa de emprego de garantía xuvenil que se desenvolveu na cidade. Orientados a persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos de idade, os obradoiros naceron co obxectivo de mellorar a empregabilidade deste colectivo a través da adquisición de competencias para o emprego e experiencia profesional, realizando obras ou prestando servizos de interese xeral. As persoas participantes acadaron os certificados de profesionalidade na área de Deseño gráfico e multimedia e na de Xestión e dinamización de empresas.