xoves, 16 outubro 2025

Vigo inicia a montaxe do Cíes Market

xoves, 16 out 2025

Abel Caballero informou do comezo da instalación do mercado que, unha edición máis, estará situado na contorna da Praza de Compostela e albergará 75 casetas, apuntando que "volverá a contar coas pérgolas iluminadas e a elegancia dese mercado, cun gran nivel europeo". Tamén sinalou o rexedor que "continúa a montaxe dos grandes elementos lumínicos".

"O monstro de White Roses", este venres no Auditorio Municipal

xoves, 16 out 2025

A programación municipal de artes escénicas Vigocultura continúa esta fin de semana no Auditorio Municipal. Despois de tres aforamentos completos, este venres 17 de outubro, ás 20:00 h, sobe ao escenario “O Monstruo de White Roses”, a cargo da compañía madrileña El Aedo Teatro.

A Fundación Laxeiro acolle a terceira entrega de Un berro polas Belas Artes

xoves, 16 out 2025

A Fundación Laxeiro inaugura a terceira entrega do ciclo que, co título xenérico Un berro por Belas Artes, programa anualmente en colaboración coa Universidade de Vigo, no que participa alumnado, graduados e profesorado con vinculación pasada ou presente coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En Interaccións. Espazo, Corpo e Obxecto, a comisaria Basilisa Fiestras proponnos unha mirada á escultura contemporánea.