O rexedor súmase á campaña sobre a reciclaxe de aparellos electrónicos
Vigo acolle a Green Week 2025 da Fundación Ecolec co obxectivo de concienciar sobre a reciclaxe de RAEE. A carpa informativa está ubicada na praza do Centro Comercial Vialia no día de hoxe ata as 19 horas.
O alcalde reivindicou Vigo como exemplo de limpeza, con 8 vasoiras de platino, co bo estado dos novos contedores e pola práctica de reciclaxe. Así, sumouse á campaña para concienciar sobre a recollida de aparellos eléctricos e electrodomésticos e invitou á cidadanía a participar da economía circular, coa reutilización dos recursos.
A Fundación Ecolec ten instalada unha carpa informativa na praza de Vialia ata ás 19 horas. Amais, na zona pode visitarse unha exposición de veh´ículos eléctricos municipais de limpeza e recollida de residuos.