Caballero loa a "calidade humana, literaria e profesional" de Xesús Alonso Montero
O alcalde anunciou hoxe, na homenaxe organizada polo IES Álvaro Cunqueiro a Alonso Montero, que unha rúa de Vigo levará o nome do profesor como recoñecemento á súa traxectoria docente, cultural e política. “Es unha parte fundamental do pasado, do presente e do futuro de Galicia”, afirmou Caballero ao lembrar que a homenaxeado conta co recoñecemento como “Vigués Distinguido”.
“Naqueles anos escuros, tristes e lamentables, Alonso Montero levantaba sempre a bandeira da dignidade, da democracia, de Vigo, de Galicia, de España, e á da liberdade, e ese foi o seu extraordinario e marabilloso exemplo”, destacou o alcalde ante alumnos e profesores do IES no que o profesor exerceu como docente durante dous anos de principios década dos anos 80 do século pasado.
O profesor “Alonso Montero é Vigo, Galicia e tanta cultura, política e a vontade de transformación que foi alentando toda a súa vida”.
Caballero incidiu na calidade humana, literaria e profesional, así como dimensión social e política de Alonso Montero. A homenaxe contou coa presenza da primeira tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, así como co delegado de Zona Franca, David Regades, e con responsables da Consellería de Educación, ante quen sinalou que “sería unha honra que canto antes” que un centro docente de Vigo leve o nome de Xesús Alonso Montero.
Docencia en Vigo
O profesor universitario Alonso Montero declarou que “leva aos institutos no corazón" e que tras 16 anos de docencia en Lugo, lembra especialmente os dous anos que impartiu clases no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo.
A directora do instituto, Malores Villanueva, explicou que o acto conta cun dobre obxectivo: homenaxear ao catedrático e que o alumnado do centro “estea orgulloso de estudar nun centro onde Alonso Montero foi profesor”.