venres, 24 outubro 2025

O alcalde sinala a Navalia como o "titán" do sector naval español

venres, 24 out 2025

Abel Caballero reafirmou este venres a Vigo como o “corazón” do naval español ao pechar a mesa redonda sobre “A tripla hélice do futuro naval: Tecnoloxía, enerxía e datos”, organizada no marco da terceira reunión do Comité Executivo de Navalia 2026. Tras poñer en valor a resposta do sector ante unha crise como a do Tax Lease, incidiu en que a “garantía” de futuro é a “unión para sacar adiante as situacións complexas e, ás veces, imposibles”.

Caballero anima ao alumnado do Quiñones de León na carreira Unoentrecienmil

venres, 24 out 2025

O rexedor asistiu este venres na peonil do Calvario á carreira organizada polo Colexio Quiñones de León na que participaron con moita ilusión máis de 200 nenas e nenos de Educación Infantil a 4º da ESO xunto con familias e profesorado. Foi unha carreira solidaria que se enmarca no proxecto solidario UNOENTRECIENMIL de loita contra a leucemia infantil, un fin para o que recadaron fondos a través desta proba deportiva.

As fontes de Aragón ilumínanse de azul polo Día Internacional das Disautonomías

venres, 24 out 2025

O Concello súmase á conmemoración do Día Internacional das Disautonomías iluminando de azul as fontes de Aragón. A disautonomía agrupa trastornos do sistema nervioso autónomo, encargado de regular as funcións vitais involuntarias como a frecuencia cardíaca, a presión arterial, a dixestión ou a temperatura. Máis de 70 millóns de persoas no mundo conviven con algunha forma de disautonomía e a súa relevancia medrou trala pandemia pola súa relación coa Covid persistente.