O Plan Extraordinario de asfaltados e beirarrúas suma 372 actuacións
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar os proxectos para avanzar no plan de actuación en 110 quilómetros e 372 rúas cun investimento global de 26.645.000 euros.
O alcalde informou este venres dos avances na tramitación do Plan extraordinario de asfaltados e beirarrúas que ten un investimento global de 26.545.000 euros e inclúe 372 rúas que suman 110 quilómetros en toda a cidade.
O Goberno municipal vén de aprobar os proxectos das obras da primeira fase que inclúe 23 rúas de diferentes parroquias, por un importe de 857.762 euros en máis de 6 quilómetros de lonxitude. Renovaranse os sumidoiros de auga, a sinalización horizontal, o perímetro das arquetas e instalarase aglomerado de 5 centímetros de espesor. A previsión é que as obras comecen na primavera de 2026.
As vías incluídas na primeira fase son as que seguen:
Avenida Santa Mariña
Rúa Medoña
Camiño Cerquide
Camiño Amaro
Camiño Regueira
Tercera Travesía Numancia
Rúa Cambados
Travesía Couto Piñeiro
Baixada Don Martín
Rúa Subride
Rúa Rivera Atienza
Rúa Bagunda
Camiño Redomeira
Primera Travesía Padre Celso
Calle Castañal
Primera Travesía Espiñeiro
Rúa Manuel Cominges
Avenida de Samil, desde a conexión coa rúa Río ata o inicio das pistas deportivas
Camiño Pinal
Avenida Clara Campoamor, desde a glorieta con Estrada Porta ata a glorieta con Estrada da Garrida
Rúa Devesas
Camiño Bouzachán