O alcalde sinala a Navalia como o "titán" do sector naval español
Abel Caballero reafirmou este venres a Vigo como o “corazón” do naval español ao pechar a mesa redonda sobre “A tripla hélice do futuro naval: Tecnoloxía, enerxía e datos”, organizada no marco da terceira reunión do Comité Executivo de Navalia 2026. Tras poñer en valor a resposta do sector ante unha crise como a do Tax Lease, incidiu en que a “garantía” de futuro é a “unión para sacar adiante as situacións complexas e, ás veces, imposibles”.
O rexedor apuntou que a potencia industrial de Vigo, conseguida polo desenvolvemento da automoción, o naval, a pesca ou a conserva, materialízase en proxectos como a primeira fábrica de semiconductores fotónicos. "Estou orgulloso do tirón e da capacidade económica da cidade", afirmou.
"Facer que despois de 19 anos Navalia siga sendo un titán do sector naval é un mérito dos que lanzastes a idea e das e dos que a trouxestes ata este momento. Os meus mellores desexos porque o crecemento de Navalia é o de Vigo", afirmou o alcalde.