O XI Concurso de Tapas Petisquiño conta coa participación de 32 locais de restauración
O alcalde presentou hoxe a décimo primeira edición do “Concurso de Tapas Petisquiño” ao que este ano se suman 32 locais. Desde mañá, venres 24 de outubro, ao 9 de novembro os establecementos despregarán a súa oferta de tapas doces e salgadas. Abel Caballero agradeceu aos empresarios de hostalería o traballo que realizan para o desenvolvemento da cidade e a calidade de vida da cidadanía.
“En Vigo temos o éxito dun proxecto turístico de nova creación; o máis importante que houbo nunca na historia. O Nadal de Vigo é o proxecto emerxente máis importante que houbo nunca en ningún sitio do mundo. Pasamos de non ter nada a meternos en sete millóns de persoas que están aquí un día e iso significa que non só son as luces de Nadal senón o que fai a hostalería”, destacou este xoves o alcalde ante os empresarios que participan na nova edición do concurso “Petisquiño”.
A coordinadora do concurso, Celia Cabrera, explicou que tras as dúas semanas de degustación das tapas nos 32 locais participantes, serán elixidas as 8 mellores tapas para participar na final organizada o día 17 de novembro no Hotel Attica 21 coa participación dun xurado profesional.
O gañador á “Mellor Tapa 2025” representará a Vigo no Gala Show Cooking “mellor cociñeiro de tapas por Galicia”; no campionato galego “Sete Cidades, Sete Sabores”; no “Campionato Oficial Hostalería de España Tapas” e no “Campionato nacional Petiscos”.
Participantes
. A Retranca.
. As Lolas.
. Attica21 Vigo.
. Bar Primavera.
. Baruta Burger & Kitchen.
. Bendito Nepal.
. Buenavista Bar .
. Chemin De Fer .
. Restaurante Casino De Vigo (Dúas Tapas).
. Costera Mx (Dúas Tapas).
. El Continental 10
. El Estribo (Dúas Tapas).
. Hotel Axis.
. La Chilanga.
. La Orensana.
. La Pintxoteca.
. La Revoltosa.
. La Ruda.
. La Tiquismiquis.
. Los Dulces De Albita (Dúas Tapas).
. Lume De Carozo.
. Nh Collection Vigo.
. Nikkō Espacio Gastronómico (Dúas Tapas).
. O Croque Cociña (Dúas Tapas).
. Patouro.
. Peregrinus Restaurante.
. Pizzeria Cosa Nostra.
. Platero´ a Burritos Tex-Mex.
. Ponzano Taberna Urbana.
. Tragad'eira.
. Sota (Doce).
. Valdevez.
. Voltarei Restaurante.