Escoitar

A Policía Local contará con 17 novos chalecos antibalas e máis equipos adaptados á morfoloxía femenina

O Concello aumenta a dotación de chalecos antibalas da Policía Local coa incorporación de 17 novos equipos aos 307 existentes. Entre as características das novas adquisicións destaca a adaptación dos sistemas de protección á morfoloxía feminina.

mércores, 26 nov 2025

O alcalde anunciou este mércores a compra de 17 chalecos antibalas, anticuchillos e antipunzón para a Policía Local.

Dos 307 equipos ao dispor dos axentes de Vigo, 271 unidades son masculinas e 36 son femininas, aos que se sumarán os 17 da nova adquisición. “Queremos que a dotación antibalas sexa a mellor para protección, pero queremos que todos os e as policías teñan os chalecos antibalas”, afirmou o alcalde.

“Queremos que a Policía Local, que conta cunha magnífica formación, teña todas as condicións para a mellor seguridade posible”, remarcou o rexedor.

Co novo contrato, o Concello aumenta a dotación de chalecos antibalas adaptados á morfoloxía das axentes. Ademais, o contrato inclúe 8 unidades destinados á nova promoción de axentes.

Descargar todas as imaxes