Escoitar

Caballero defende un Vigo libre das violencias machistas no acto central do 25N, "EnlazaVigo"

“Rachemos cos mitos da violencia” é o lema que este martes reuniu a 625 alumnos de 13 centros docentes de Vigo que participan no “EnlazaVigo contra a violencia de xénero”, o acto central do programa municipal organizado en conmemoración do 25N “Día Internacional de eliminación da violencia contra a muller”. O alcalde defendeu un “Vigo, libre das violencias machistas”.

martes, 25 nov 2025

O alcalde e a concelleira de Igualdade incidiron hoxe na transcendencia de sensibilizar ao estudantado sobre as violencias que se exercen sobre as mulleres. Así o transmitiu Caballero aos alumnos de secundaria, bacharelato e formacións profesionais que participan na décimo cuarta edición da iniciativa didáctica “EnlazaVigo”

Tras gardar un minuto de silencio polas vítimas das violencias machistas, Abel Caballero, destacou as iniciativas desenvolvidas polo Concello con motivo da celebración do “Día Internacional de eliminación da violencia contra a muller” e para atender ás vítimas e puxo en valor a aposta por facer de Vigo unha cidade libre das violencias machistas, rexeitando o comportamento "covarde" dos mozos que controlan as súas parellas. 

O programa municipal “EnlazaVigo”, que durante 14 anos mobilizou a 27.000 estudantes, conta este ano coa participación de 45 centros de ensino de Vigo. A iniciativa recibiu o premio nacional de boas prácticas contra a violencia de xénero na área de prevención e sensibilización concedido pola Delegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Programa ata o 28 de novembro

. 26 novembro. 19.00 horas. Auditorio Municipal. Espectáculo "Mi abuela se llama Carmen"

. 27 novembro, 19.00 horas. Auditorio Municipa. Proxección do filme "Evelyn"

. 28 novembro. 20.00 horas. Teatro Salesianos. Concerto de Sés.

Descargar todas as imaxes