Vigo prorroga ata 2029 o convenio co IGVS para o Consorcio do Casco Vello
A Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe, cos votos a favor dos grupos municipais do PSOE e do BNG e a abstención do PP, o convenio de colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo para prorrogar a vixencia do Consorcio do Casco Vello e o marco financeiro ata o 31 de decembro de 2029.
O concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, tras lembrar que o Consorcio do Casco Vello foi creado en 2005 durante o mandato de Emilio Pérez Touriño á fronte da presidencia da Xunta cunha achega de 30 millóns iniciais aos que sumou outros 20 no primeiros cinco anos de actividade, recalcou no Pleno a trascendencia de “continuar coa panca” de “transformación e mellora” dunha significativa zona da cidade.
O grupo municipal socialista reclama á administración galega maior dotación para alugueiro de vivendas do Casco Vello.
Aneiros incidiu en que a panca de cambio que representa o Consorcio do Casco Vello súmase ao traballo que desenvolve o Concello de Vigo a través da Oficina de Rehabilitación “que axudou a transformar 1.171 vivendas” e dos plans estatais de vivenda “que permitiron a transformar” a todo o ámbito con iniciativas como a peonalización da Porta do Sol e a rehablitación de edificios para achegar servizos.