Escoitar

O Concello avanza na transformación da Avenida de Europa nun corredor verde

O goberno local segue a traballar na construción dun corredor ecolóxico e sostible desde a Avenida Castelao ata Samil. Para este proxecto conta con máis de 2 millóns de fondos FEDER.

mércores, 26 nov 2025

Abel Caballero avanzou a adaptación do proxecto de transformación da Avenida de Europa ás directrices da subvención concedida pola Fundación Diversidade, nunha iniciativa integral que aposta pola naturalización e conectividade de Alcabre e Navia. O Concello dispón de máis de 2 millóns de fondos FEDER para mitigar os efectos paisaxísticos e ambientais da zona dun xeito sostible e integrado na contorna.

Segundo manifestou Caballero, a actuación principal e a continuación do corredor ecolóxico e sostible pola Avenida de Europa, cun carril bici que dá continuidade ao da Avenida Castelao. Amais, haberá una renaturalización da zona litoral de Alcabre, con mellores conexións e zonas verdes. O proxecto busca humanizar a cuberta da VG-20 entre a Avenida Atlántica e a rotonda do Colexio Amor de Dios con novos paneis vexetais, reforestación das cubertas e conectividade peonil, tamén mellorar as conexións na paisaxe de Alcabre e o parque de Navia.

 

 

 

Descargar todas as imaxes