Escoitar

O Concello atendeu a 79 personas co dispositivo do frío despregado do 18 ao 23 de novembro

O Concello atendeu a 79 persoas e realizou 169 intervencións co dispostivo de frío despregado desde o martes 18 ao domingo 23 de novembro.

mércores, 26 nov 2025

O alcalde explicou hoxe que o dispositivo de frío, que se activa con temperaturas inferiores a 8 graos, facilita a todas as persoas que dormen na rúa, e que aceptan a oferta do Concello, prazas baixo teito.

Durante os seis días que permaneceu activo o dispositivo municipal con 29 persoas foron aloxadas en hostais, ás que se suman as 41 no albergue, outras 9 foron derivadas ao albergue da Fundación Santa Cruz, 3 no de Dignidade e 5 en habitacións de emerxencia.

Caballero lembrou que ás persoas que rexeitan a oferta para durmir baixo teito ofrecéuselles servizo de café quente e todo o que necesitan. “Queremos que teñan o máximo de seguridade e durante todos estes días a unidade de rúa mantivo atención contínua a estas persoas”, asegurou o rexedor ao anunciar que ante a nova onda de fío o Concello volverá activar o dispositivo de frío “para que ninguén durma na rúa nesas condicións”.

Descargar todas as imaxes