Escoitar

O Goberno local autoriza a ampliación das instalacións de APAMP en Vigo

O alcalde anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo concedeu autorización para que APAMP amplíe as súas instalacións, gañando case 320 metros cadrados cunha reforma que conta cun orzamento de máis de 300.000 euros.

mércores, 1 xul 2026

O Concello acaba de outorgar licenza á Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) para ampliar as instalacións situadas no número 1 da rúa Miguel Hernández . A autorización permitirá ampliar en 319 m2 a superficie no primeiro andar dun edificio composto por soto, planta baixa e primeira planta, cunha superficie construída de 1.164 m2.

Tal e como detallou o alcalde, unha vez realizadas as obras, a edificación resultante alcanzará unha superficie total construída de 1.483 m2, destinada a solo dotacional. O orzamento de execución material é de 308.654,31 euros.

 

Descargar todas as imaxes