Escoitar

A XIV edición de Vikul reunirá a máis de 600 bailaríns de 20 escolas de danza

O alcalde presentou esta mañá o encontro de danza urbana que terá lugar en Samil e en Vialia os días 9 e 10 de xullo e animou a gozar dos máis de 60 espectáculos programados.

xoves, 2 xul 2026

Abel Caballero anunciou hoxe “o mellor Vikul da historia” coa directora do encontro, Marta Díaz Almeida, e coa concelleira de Festas, Patricia Rodríguez. Destacou a achega do encontro á promoción da práctica da danza durante catorce anos.

Marta Díaz destacou que Vikul, que forma parte da cultura de Vigo, este ano incorpora numerosas novidades como a participación de cinco salientables profesionais: Mario Durán, Darío Sáez, Sergio Martínez, Vasco Alves e André Martíns. Ademais, incorpora interpretacións de Capoeira e jam all styles, un espazo aberto á improvisación coa participación de bailaríns de calquera estilo e nivel.

Programa

Xoves 9 de xullo:

  • 10.30 horas. Masterclass en Vialia do galego Mario Durán (waacking)
  • 12.00 horas. Intervención do bailarín, coreógrafo e comunicador Sergio Sáez.
  • 18.00 horas. Encontro aberto de estilo libre e cultura urbana con música, improvisación e rodas de baile en Samil.
  • 19.30-21.30 horas. Shows Vikul 2026, con exhibicións e pezas coreográficas de escolas, compañías e artistas invitados.

Venres 10 de xullo:

  • 10.30 horas. Masterclass en Vialia de Sergio Martínez ( heels. Combinación de jazz, hip-hop, danza urbana e cabaret. Interprétase con zapatos de tacón alto)
  • 12.00 horas. Actuación de Vasco Alvez (hip hop)
  • 18.00 horas. Clase aberta de capoeira con André Martíns.
  • 10.30-21.30 horas. Shows Vikul 2026, con exhibicións e pezas coreográficas de escolas, compañías e artistas invitados.
Descargar todas as imaxes