Escoitar

O Pleno pide á Xunta que iguale a achega de 200.000 euros do Concello ao Celta de Vigo de baloncesto feminino

Os corporativos denunciaron no Pleno deste luns o trato desigual que aplica a administración galega aos equipos de Vigo e A Coruña que necesitan apoio económico para participar nas fases de ascenso da máxima categoría. Mentres o Leyma recibiu 150.000 euros, o Celta de Vigo de baloncesto feminino non contou co apoio económico da consellería de Deportes, fronte aos 45.000 euros achegados polo Concello de Vigo.

luns, 29 xuñ 2026

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, denunciou a “situación intolerable” que xera o trato desigual da Xunta a equipos de Vigo e A Coruña que participan na mesma fase de ascenso á máxima categoría.

O edil recalcou que o deporte de Vigo “vai como un canón” e que “nunca houbo tantas achegas aos clubs deportivos da cidade como con este goberno”.

Conservatorio

O Pleno tamén aprobou a moción socialista para reclamar á consellería de Educación que manteña todos os postos de conserxaría que existen actualmente no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e que poña fin á política de recorte de persoal. Ademais, demanda que os cambios na relación de postos de traballo se negocien coa comunidade educativa e a representación sindical.

A concelleira de Educación, Olga Alonso, incidiu na transcendencia de manter os horarios de apertura e actividade do centro que existían antes de que se eliminasen dous postos de conserxería. “As decisións da Xunta afectan negativamente á calidade na atención ao alumnado”, apuntou a edil ao demandar á administración galega a achega dos medios necesarios para manter ao Conservatorio Superior como centro de referencia de Galicia.

Descargar todas as imaxes