Vigo activa un servizo especial de lanzadeiras para os concertos de Castrelos
O alcalde deu conta esta mañá do reforzo do transporte público con lanzadeiras ao remate dos concertos do verán no auditorio ao aire libre de Castrelos. Este servizo arrancará o próximo 2 de xullo con motivo do concerto de Deep Purple.
O Concello porá en marcha, un ano máis, un servizo especial de lanzadeiras ao finalizar os concertos do auditorio de Castrelos, facilitando así o regreso a casa das persoas asistentes en transporte público. O obxectivo é garantir unha mobilidade áxil e segura ao remate dos recitais cun percorrido que percorre Castrelos – Camelias – Venezuela – Urzáiz – García Barbón – Sanjurjo Badía – Travesía de Vigo – Pizarra – Praza España – Gran Vía.
Os autobuses habilitados para este servizo levarán o rótulo Venta online anticipada e as persoas usuarias de PassVigo poderán beneficiarse das bonificacións correspondentes ao seu perfil.
O cartel dos concertos deste verán en Castrelos, ata o momento, é o seguinte:
Deep Purple - 2 de julio
Molotov – 16 de julio
Coral Casablanca - 18 de julio
Ópera Carmen - 24 de julio
Chayanne - 30 de julio
As noites de Zarzuela - 1 de agosto
Abraham Mateo – 7 de agosto
Ópera Nabucco - 9 de agosto
The Corrs - 11 de agosto
Viva Suecia - 14 de agosto
Iván Ferreiro - 15 de agosto
Fnac Live Vigo: The Rapants, Fillas de Casandra, Eladio y los Seres Queridos, Bea Fernandes DJ - 16 agosto