Escoitar

O Goberno local iniciará obras en Coia por valor de 7,6 millóns de euros

O alcalde anuncia o inicio da humanización das rúas Mondariz, Tomiño e Soutomaior e a renovación das redes de saneamento e abastecemento nas rúas A Guarda, Pontecesures, Cuntis e O Porriño no mes de xullo.

xoves, 25 xuñ 2026

Trátase do novo plan de humanizacións no barrio de Coia, que comezará coas obras das rúas Mondariz, Soutomaior e Tomiño, onde se acometerá unha remodelación integral do espazo público para mellorar a accesibilidade e a calidade urbana. As actuacións incluirán a ampliación e continuidade das beirarrúas, a creación de novas zonas verdes e axardinadas, a reorganización das prazas de estacionamento e a renovación das redes de servizos.

De forma paralela, o Concello iniciará tamén a substitución das conducións de abastecemento e saneamento nas rúas A Guarda, Pontecesures, Cuntis e O Porriño, unha actuación dotada con 1,5 millóns de euros.

A estes investimentos súmase o inicio da gran intervención urbana e artística prevista no barrio do Rocío, cun orzamento de 4,4 millóns de euros, destinada a transformar integralmente este ámbito da cidade mediante actuacións de humanización e arte urbana.

En conxunto, o alcalde destacou que o Concello mobiliza nestes momentos un investimento de 7.655.000 euros. "Seguiremos traballando por Vigo e para Vigo", concluíu Caballero.

Descargar todas as imaxes