Escoitar

O alcalde ofrece “toda a cooperación” do Concello á nova reitora da Universidade de Vigo

Abel Caballero asistiu este xoves á toma de posesión de Carmen García Mateo como reitora da Universidade, a primeira muller en asumir ese cargo na historia da institución educativa.

xoves, 25 xuñ 2026

A Facultade de Económicas do campus olívico acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de Carmen García Mateo como primeira reitora da Universidade de Vigo por un mandato de seis anos.

Abel Caballero felicitou á Catedrática polo seu nomeamento e trasladoulle “todo o apoio á Universidade, que xa o coñece porque tiven a ocasión de dicirllo” e puxo en valor a Uvigo como institución “imprescindible e fundamental; foi un dos avances históricos máis importantes na cidade ter a nosa universidade”.

Así, transmitiu “os meus mellores desexos para o mandato da reitora e toda a nosa cooperación en temas como medicina, os desprazamentos ao campus e todos os proxectos e ideas que o novo equipo reitoral teña. Que conten coa colaboración total do alcalde de Vigo”.

Descargar todas as imaxes