Escoitar

O Concello licita as obras de reforma da fachada dos locais municipais da rúa Elduayen

O alcalde avanzou este xoves o investimento de 179.000 euros na mellora dos baixos comerciais da Porta do Sol, entre a rúa Elduayen e a praza de Argüelles. “Imos integralos nun espazo urbano cun gran valor patrimonial”, afirmou.

xoves, 25 xuñ 2026

Abel Caballero lembrou que o proxecto contempla manter os volumes existentes no interior, así como os accesos. Ademais, o Goberno municipal dotará ao proxecto con iluminación ornamental para realzar o espazo e cunha pantalla informativa sobre as actividades da Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. “Nova fachada, continua e uniforme co obxectivo de favorecer a súa integración neste espazo urbano”, apuntou o rexedor.

Descargar todas as imaxes