Escoitar

O orzamento de 2027 recolle 40 millóns para investimentos, case un 11% do orzamento total

O alcalde avanzou esta mañá as que serán as contas municipais para o ano que vén, cun incremento dun 4% respecto ao ano pasado e que alcanza os 365.058.205 euros. Segundo detallou, os investimentos alcanzan os 40 millóns e os servizos públicos aumentan ata os 186 millóns.

luns, 19 out 2026

A Xunta de Goberno aprobará mañá as contas municipais para o ano 2027. O orzamento ascende a 365.058.205 euros, o que supón 14 millóns máis que o ano pasado e unha suba dun 4%. Sobre as transferencias de capital doutras administracións, Caballero situou en 120 millóns as achegas do goberno Central, mentres que a da Xunta é de apenas 6 millóns.

Respecto aos investimentos, a cifra alcanza os 40 millóns, case o 11% do orzamento, con catro obxectivos estratéxicos: vivenda, Vigo Vertical, humanizacións e sostibilidade.

As contas de 2027 recollen 186 millóns para servizos públicos, cun incremento dun 5% o que supón case 8 millóns máis con incrementos en partidas tan destacadas con mantemento de viais, de xardíns, da promoción turística, a limpeza das instalacións deportivas ou a promoción turística.

Outra das liñas que experimenta un importante aumento é a de axudas e subvencións, que crece ata os 50.080.136 euros, cun incremento de case un 12%. Na política de transporte de viaxeiros prodúcese un incremento xeral de case un 20%, con 3,8 millóns máis que o presente ano. As contas de 2027 garanten a gratuidade para os colectivos máis vulnerables.

 

Descargar todas as imaxes