venres, 23 out 2026
Abel Caballero sumouse este venres de novo á mobilización organizada por pais, nais, alumnos e profesores do centro educativo de Vigo que desde o inicio de curso reclaman á Xunta que incorpore ao colexio a profesora de apoio que falta en función do catálogo de centros.
venres, 23 out 2026
O alcalde saudou aos policías e bombeiros de Vigo que participaron na XI edición dos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, que se celebrou na cidade.
venres, 23 out 2026
O goberno local segue a deseñar a programación de Nadal, neste caso, da cabalgata de Reis para a que se está a traballar xa nas propostas de animación do desfile. O período para presentar solicitudes estenderase durante 15 días.
venres, 23 out 2026
Os membros do Comité de coordinación do Nadal referendaron esta mañá o cambio de ubicación do mercado e da noria a Vialia. Durante o encontro tamén se revisou o borrador da programación para dar coñecemento do mesmo a todos os servizos municipais afectados. O estudo do plan de tráfico mereceu especial atención durante a reunión.
venres, 23 out 2026
A Praza do Rei será o escenario da saída e chegada da proba organizada por primeira vez na cidade. Conta cunha dobre vertente: solidaria e deportiva e toda a recadación será destinada á investigación e prevención dunha enfermidade cunha incidencia crecente e unha elevada mortalidade.
venres, 23 out 2026
O Concello súmase á conmemoración do Día Internacional da Síndrome de taquicardia postural ortostática, que se celebra este domingo 25 de outubro, iluminando de azul as fontes da rúa Aragón. Trátase dunha afección causada por un problema na forma na que os nervios regulan o fluxo sanguíneo. A enfermidade pode ter un impacto significativo na vida cotiá, laboral, académica e social das personas afectadas.