Escoitar

Ampliación da mostra "Fender, recortar, atopar" de Jesús Valmaseda

O Concello prorroga a mostra temporal do escultor, que poderá visitarse na Casa das Artes ata o 15 de novembro, dada a boa acollida que está a ter entre o público. "Fender, recortar, atopar. Jesús Valmaseda", clausurábase inicialmente o próximo 1 de novembro. Jesús Valmaseda, nacido en Toledo e afincado en Covelo, traslada ao público o resultado das accións aplicadas á materia, indutoras dos achados que agroman durante o proceso creativo. Os materiais e as diferentes técnicas van marcar os límites formais, mais non determinan, aínda que si acompañan, o sentido conceptual que é o fío condutor da exposición: unha visión crítica e pouco esperanzada sobre o devir das sociedades contemporáneas nos ámbitos político, económico, social e ambiental.

xoves, 22 out 2026
Imaxe de arquivo da inauguración da mostra
Imaxe de arquivo da inauguración da mostra
Descargar todas as imaxes