Escoitar

Vigo reclama a Audasa o pago de 120.000 euros do IBI da AP9 de 2023

O alcalde lembrou este xoves que a concesionaria da autoestrada debe esa cantidade ao Concello desde o ano 2023 cando finalizou a exención da que gozaba desde o ano 1972.

xoves, 29 out 2026

“Acabáronse as bonificacións e os favores do franquismo”, sentenciou o rexedor, ao explicar que o Concello remitiu a Audasa a liquidación do IBI de 2023 correspondente aos meses que quedaron pendentes de cobranza ese ano ao finalizar a exención da concesionaria.

A factura emitida acada os 120.000 euros e o importe anual que aboa Audasa é de 383.000 euros. Antes pagaba 18.407 euros ao gozar dunha bonificación do 95% no IBI desde 1972 pola lei franquista de autoestradas. “Soamente pagaba o 5% do importe que lle correspondía”, apuntou Caballero que recalcou que co fin da exención “paga o cento por cento”.

 

Descargar todas as imaxes