O Concello amplía o contrato de mantemento das infraestruturas viarias
martes, 22 abr 2025O alcalde informou da prórroga do contrato por un período dun ano, ata xuño de 2026, chegando o orzamento ata os 2 millóns de euros.
O alcalde informou da prórroga do contrato por un período dun ano, ata xuño de 2026, chegando o orzamento ata os 2 millóns de euros.
O alcalde considera imprescindible esta infraestrutura e insta á Xunta a vender unha parcela para que o Concello constrúa un novo aparcadoiro adicional gratuíto nas inmediacións do Hospital Álvaro Cunqueiro. Anuncia que presentará unha vez máis a moción no Pleno.
Este xoves 17 de abril a comunidade mundial de trastornos da coagulación celebra o Día Mundial da Hemofilia baixo o lema “Acceso para todos: mulleres e nenas tamén sofren hemorraxias", co que se quere aumentar a conciencia pública e o coñecemento sobre os trastornos hereditarios da coagulación, especialmente na incidencia que ten nas mulleres. O Concello súmase á xornada iluminando de vermello as fontes da rúa Aragón
Abel Caballero sinalou que “imos ir moi rápido” xa que “tiñamos que ser designados sede do Mundial 2030 o verán pasado” e un ano despois “por todo o que Louzán fixo, aínda non iniciamos a ampliación do estadio”. Sobre a obra dos colectores, destacou que “imos separalos uns 20 metros” do estadio municipal de Balaídos porque “non queremos que nada dificulte a construción da ampliación”.
O Ministerio de Transportes vén de licitar o estudo informativo complementario para lograr a Declaración de Impacto Ambiental da variante de Cerdedo, cun orzamento de 998.400 euros.
O alcalde interveu no Pleno para defender Vigo como sede do Mundial de Fútbol 2030: “Roubáronos politicamente unha candidatura do Mundial 2030. Isto é un escándalo. A Federación ten que facer que Vigo sexa sede do Mundial”, afirmou. A proposta do grupo socialista saíu adiante cos votos favorables do goberno e a abstención do Partido Popular e o BNG.
O alcalde avanzou que os servizos xurídicos do Concello xa están a estudar accións legais polo "escándalo" das sedes do Mundial 2030. Pide coñecer a valoración de cada candidatura en detalle “porque é intolerable que nos digan que temos problemas de financiamento”.
A obra que vén de recibir a luz verde da Xunta de Goberno Local conta cun orzamento de 1.594.000 euros e permitirá a renovación integral de pavimentos e servizos así como a ampliación do espazo peonil.
O alcalde inaugurou este martes a remodelación do parque Camilo José Cela. As obras de renovación das zonas central e baixa contan cun investimento do Concello de 315.000 euros. O alcalde recalcou a importancia das melloras realizadas no espazo pola súa proximidade a un colexio e polo seu elevado uso por parte da veciñanza de tódalas idades.
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á contratación da redacción do proxecto para o que se estima un investimento superior aos 25 millóns de euros e que permitirá crear unha “rede de sistemas mecánicos de mobilidade”.